O 26 comeza unha nova edición da Invernada de Cine de Cabreiros
A VII Invernada de Cine de Cabreiros arrincará o día 26 de outubro, apostando un ano máis polo audiovisual para dinamizar o rural ademais de buscar un punto de encontro para mozos e maiores.
A edición comezará o 25 de outubro na antiga escola, ás 18.30 horas, co documental Os días afogados de Luis Avilés e que contarán coa presenza do director. Este documental trata sobre a construcción do emblase de Lindoso en Portugal en 1992 e a consecuente inundación das aldeas de Aceredo e Bulcaque en Ourense. Así os veciños colleron as súas cámaras e comezaron a gravar , estas imaxes constitúen un valioso documento histórico.
O 16 de novembro ás 18.30 haberá Trinta lumes de Diana Toucedo é un relato entre o documental e a ficción sobre unha nena chamada Alba e o seu amigo Samuel aos que lles gusta entrar en casas abandonadas. A historia transcorre nunha aldea galega do Courel onde a vida non remata, senón que se tranforma noutra cousa.
Aproveitando este filme, Evaristo Méndez Vila, presidente da asociación Fonte do milagro, e Neves Arza, mestra e veciña do Courel, falarán sobre as perspectivas de futuro da zona.
O 30 de novembro ás 18.30 haberá Unha ollada ao vello cinema en super 8 de Fernando Fernández, con esta actividade mostrarase como se facía o cine doméstico hai 50 anos, como eran as cámaras, os prxectores e como se filmaba. Haberá unha exposición co todos os equipos relacionados co Super 8 e ademais proxectaranse películas da época.
Esta actividades estará dirixida por Fernando Fenández, e recomenda levar películas de Supe 8 aos asistentes para podelas proxectar e visionar.
O 21 de decembro ás 18.30 haberá Contos para un mundo mellor de Mamá Cabra, no que Gloria Mosquera e Diego Maceiras presentan varias historias con música e cancións, nas que tratan temas como o medo, o coidado da natureza, o acoso escolar ou o saber dicir.
O 14 de decembro ás 18.30 será a actividadeEu quero facer unha película, na que propoñen unha interesante conversa na que coñecemos polo miúdo experiencias que se estána producir noutros concellos e conversarán con persoas do mundo da creación audiovisual.
Ademais prexectaranse pezas do Chanfaina Lab, así como a curta creada por Iria Silvosa, e contarán con Manolo González do Chanfaina, Iria Silvosa e con Suso López, produtor de Gaita Films.
En cada xornada haberá quenda de preguntas e debate posterior.