Nova edición da romaría do monte Goía, en Xermade

TerraChaXa
A parroquia xermadina de Lousada de Arriba acolle o vindeiro sábado 13 de agosto unha nova edición da romaría do monte Goía.
romeria goia xermade 2022 1
9 Ago 2022

A parroquia xermadina de Lousada de Arriba acolle o vindeiro sábado 13 de agosto unha nova edición da romaría do monte Goía.

Esta festa, situada no monte caracterizado por ter unhas amplas vistas panorámicas, comezará cunha misa solemne ás 13.30 horas seguida dunha sesión vermú amenizada polo grupo Alba.

A organización anuncia que seguidamente haberá un xantar campestre con polbo e churrasco e que se poderá facer uso das mesas para os que leven o propio xantar.

Os actos seguirán pola tarde, pois está previsto que o grupo Alba e o Dúo Élite actúen para prolongar a celebración de todos os asistentes.

Para reservar mesa haberá que chamar á polbería 608 382 972, ou á organización 689 553 353 ou 620 383 330.

0.21069598197937