Nova edición das Xornadas Interxeracionais Rurais de Xermade
O Concello de Xermade, a Asociación veciñal de Cabreiros e a Facultade de CC da Educación da Universidade de Santiago realizarán este ano unha nova edición das Xornadas Interxeracionais Rurais, que se celebrarán na Casa Escola de O Chao en Cabreiros os días 25 de maio, 1 e 8 de xuño por XV ano consecutivo.
Como e anos anteriores o programa que se desenvolverá busca a colaboración en parte das actividades, coma as experiencias innovadoras no sector agrogandeiro ou o Laboratorio de Radio, onde veciños do concello formarán parte dunha tarde do máis entretida. O obxectivo final é a participación conxunta das distintas xeracións de veciños.
Finalizadas as actividades da mañá haberá unha charla Entre tornos e torneiros para despois desfrutar das demostracións prácticas da utilización do torno.