Nova edición do Descenso Internacional do Miño

TerraChaXa | LugoXa
A edición número 62 do Descenso Internacional do Miño celebrarase o día 26 de maio dende o concello de Rábade.
62 DESCENSO MIÑO
21 Maio 2018

A edición número 62 do Descenso Internacional do Miño celebrarase o día 26 de maio dende o concello de Rábade. A saída darase ás 16:30 en Rábade e a chegada estará situada no Club Fluvial de Lugo. Ao redor de 300 participantes competirán nunha das probas máis veteranas do calendario nacional.

As embarcacións tipo K-1, K-2 e C-1 serán as que inicien o percorrido en Rábade. Será para as categorías sénior, xuvenil e veterán. As regatas de cadetes comezarán a proba en Ombreiro ás 17:30 percorrendo 8 quilómetros,  ademais os deportistas terán que portear os numerosas caneiros que hai ao longo do traxecto, fóra do primeiro que se atopa a poucos metros da saída.

A disputa da edición 62 do Descenso Internacional do Miño contará este ano coa participación duns 330 padexeiros e preto de 270 embarcacións, procedentes de 31 clubs galegos, o que supera os 28 que estiveron representados o ano pasado. Esta nova edición da que é a segunda proba más antiga do piragüismo español presenta este ano unha novidade, como é a equiparación dos percorridos tanto para homes como para mulleres. Así, tanto homes como mulleres das categorías xuvenil, sénior e veterán e das modalidades de K1, K2, e C1 tomarán a saída, ás 16:30 horas, desde o Concello de Rábade para remar 17 quilómetros ata a meta, instalada no Club Fluvial. Pola súa banda, os cadetes de todas as categorías percorrerán oito quilómetros con saída ás 17.30 horas desde Outeiro de Rei, concello no que ademais estará instalada unha meta volante para o circuíto de 17 quilómetros.

Como é habitual, haberá unha importante representación da provincia de Lugo, cos clubs Cidade de Lugo,  Altruán de Ribadeo, CD San Ciprián, Club de Piragüismo Viveiro e o Club Fluvial de Lugo, que exerce de anfitrión nesta proba.

 

0.14880013465881