Nova edición do Festival de Cine na Roca
TerraChaXa
A asociación Xermolos e os veciños de Roca organizan a sexta edición do concurso de curtametraxes do Festival de cine de música de Roca, que vai ter lugar os días 26 e 27 de xullo de 2018 na aldea de Roca, en Guitiriz.
12 Jul 2019

Hai dúas categorías, unha de curtametraxes galegas e outra de fóra de Galicia, cun premio en metálico en cada categoría de 100 euros e un trofeo a cargo dun artesán da comarca.
Neste certame o importante é a temática musical das curtametraxes, que é o que caracteriza o festival.
Entre os requisitos para participar foi que as obras presentadas tiveran que ser de antes do 1 de xaneiro de 2015, a súa duración non podía exceder os 30 minutos e tiñan que presentarse con copia en DVD ou a través de plataformas dixitais.