Nova experiencia internacional coa Selección Española Sub-19 para Nito
TerraChaXa | AMariñaXa
O xuvenil Néstor Valle Gómez, Nito, volverá gozar dunha nova experiencia internacional defendendo a España Sub-19.
24 Abr 2019
O xuvenil Néstor Valle Gómez, Nito, volverá gozar dunha nova experiencia internacional defendendo a España Sub-19. Será no Torneo delle Nazioni en Italia (Gradisca d’Isonzo) esta semana, entre o 24 e o 30 de abril.
A Xoia Laranxa incorporarase á concentración de Albert Canillas mañá en Madrid-Barajas para disputar a cita da Vermella fronte a Ucraína, Eslovenia e Italia.
Está será a cuarta convocatoria do xuvenil burelista coa Selección dende o comezo de tempada. Nito xa defendeu o combinado español nos seus compromisos en Francia, en agosto de 2018, Serbia, en xaneiro, e Letonia, en marzo.