Nova fin de semana de festas na comarca
Novo fin de semana de festas na comarca, con citas en varios concellos.
ABADÍN
En Abadín está de festa o lugar de Candia, que celebra a Santa Isabel. As celebracións arrancarán o sábado con misa ás 13.30 horas, procesión e sesión vermú co grupo D'Nika, que se ocupará da verbena xunto ao dúo Explosión.
Este mesmo dúo será encargado da sesión vermú de fin de festa do domingo. A actuación será despois da misa e a procesión, previstas para as 13.30 horas.
A PASTORIZA
Tamén están de festas en Úbeda, na honra á Virxe do Carme. O sábado será o día grande arrancando coa misa ás 13.30 horas e a procesión. A sesión vermú estará a cargo de Punto Clave. Pola noite repite este grupo xunto a Judith Cundis, actuación estelar das festas.
O domingo será o grupo Alba o que faga a sesión vermú a patir das 14.00 horas.
COSPEITO
A localidade de Muimenta celebra as súas festas patronais na honra de San Cristóbal e Santa Mariña a partir do xoves, día 6. O máis destacado do programa deste ano é que as festas dan comezo antes polo que serán 4 días de celebracións. Consulta a información completa.
E tamén este sábado terá lugar unha nova edición da Romaría de San Paio na localidade de Sistallo, en Cospeito. Preme para máis información.
FRIOL
Friol prepárase este mes de xullo para desfrutar das súas festas patronais, na honra de Santa Isabel, que terán lugar do sábado 8 ao luns 10, este último coincidirá como festivo local. Mira a información completa.
OUTEIRO DE REI
Non é propiamente unha festa patronal pero si unha cita festiva da fin de semana. A Casa-Museo Manuel María, en colaboración coa Federación Galiza Cultura, organiza a décima edición do Convivio da Cultura Galega que se celebrará na carballeira de Santa Isabel en Outeiro de Rei o sábado, 8 de xullo. Consulta toda a información.
POL
A localidade polense de San Andrés de Ferreiros, en Gomesende, celebra a fin de semana as súas festas patronais na honra de Santa Isabel. Preme para máis info.
VILALBA
A parroquia de Boizán tamén está de festa. Estas comezarán ás 13.30 horas coa misa e a procesión tradicionais. Los Adrianos serán os encargados de actuar na sesión vermú e na verbena, nesta última xunto ao dúo Gaia.
O domingo será o protogonista o dúo Gaia, que actuará despois da misa, tamén prevista para as 13.30 horas.
XERMADE
As localidade xermadesa de Cabreiros estará de festa esta fin de semana, as celebracións patronais na honra a Santa Mariña. Consulta a información aquí.