Nova fin de semana de festas patronais na comarca

TerraChaXa
Son moEsta fin de semana varias parroquias dos concellos da Pastoriza, Abadín, Cospeito e Guitiriz celebran as súas festas patronais.
festas fogos artificio patronais
3 sep 2022

Esta fin de semana varias parroquias dos concellos da Pastoriza, Abadín e Cospeito celebran as súas festas patronais.

Así, nos cospeiteses Bestar e Ponte Vilar festéxase a Santa Lucía dende hoxe e ata o domingo. Arrancarán con misa maior ás 13.30 horas seguida de procesión e sesión vermú con Costa Dorada, que tamén estará na verbena xunto a Epo-K.

O domingo haberá misa á mesma hora e despois da procesión seguirá a. música con Mar de Arousa, que volverá facer outro pase na verbena.

Ademais, haberá unha comida veciñal o día 18 servida polo bar Fénix e a música de Javi Show.

En Abadín, Abeledo tamén estará de festa na honra de Santa María e San Antón. Será Jaque o grupo que se ocupará da sesión vermú e da verbena, na que tamén estará Mar de Arousa. O domingo, sen embargo, só haberá sesión vermú con La Hora Bruja.

Os dous días haberá oficio relixioso, ás 13.30 horas o sábado e ás 13.00 o domingo.

Tamén son festas na capitalidade municipal, en Abadín, festas que tamén comezan hoxe.

Finalmente, en Fomiñá, na Pastoriza, tamén haberá festa esta fin de semana na honra á Virxe da Portería. Comezarán hoxe con misa e procesión ás 13.00 horas parar continuar coa sesión vermú a cargo de Alma Latina. Pola noite actuará de novo Alma Latina xunto a Fénix.

O domingo as festas chegarán ao seu final coa sesión vermú de Lecer, precedida de misa solemne e procesión a partir das 14.00 horas. A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.

Ademais esta fin de semana tamén hai festas na parroquia de Cadavedo, tamén neste Concello e na propia capitalidade, na Pastoriza, que xa comenaron onte.

Tamén están de celebración en O Villar, en Guitiriz.

Así mesmo, esta fin de semana rematan as festas de Vilalba.

OUTRAS CELEBRACIÓNS

Pero ademais das festras patronais hai varias celebracións importantes esta fin de semana como son o Parga Rock, que ten dúas sesións este ano.

Ademais en Muimenta haberá dobre celebración. Por unha banda, o festival Pozo Mouro e por otro a Festa do Río.

Tamén pódese engadir ao programa a Feira do Cabalo que se celebra en Castro Ribeiras de Lea.

A próxima fin de semana haberá festas en Baamonde, Sancovade, Saavedra, Ponte de Outeiro, Pena de Francia e Montouto, entre outros

festas abeledo
festas bestar e ponte vilar
FESTAS GUITIRIZ O VILLAR
a pastoriza san salvador festas
festas en fonmina
festas cadavedo pastoriza
cartaz festas abadin
0.31498789787292