Nova incorporación ao Rácing Vilalbés no inicio da segunda volta da competición
TerraChaXa
O xogador Ibrahima Dieng incorpórase á disciplina do Rácing Vilalbés.
15 Xan 2024
O xogador Ibrahima Dieng incorpórase á disciplina do Rácing Vilalbés.
Nado en Senegal en 1997, o atacante procede do CD Guijuelo.
Trátase dun xogador con varios anos de experiencia na categoría tras pasar por equipos como o Sestao River, Haro Deportivo, SD Leioa, CD Vitoria ou SD Amorebieta.
Esta nova incorporación coincide no tempo coa baixa de Christian Martínez, que anunciou a súa saída do club a pasada semana.
Ibrahima incorpórase ao club no inicio da segunda volta da competición, na que o equipo de Vilalba recibiu ao Oviedo na Madalena para sumar 1 punto dun empate sen goles.
O Vilalbés mantense na novena posición dunha táboa moi apertada na que as distancias son poucas. Ten 6 vitorias, 7 empates e 5 derrotas no que vai de Liga.