Nova iniciativa da biblioteca de Guitiriz
TerraChaXa
A biblioteca municipal da Casa Habanera en Guitiriz lanza unha nova iniciativa baixo o título 'O Pracer de Escoitar'.
14 Maio 2021
A biblioteca municipal da Casa Habanera lanza unha nova iniciativa baixo o título 'O Pracer de Escoitar', unha nova iniciativa coa que se pretende lograr a colaboración cidadá.
Cada mes terá un propósito e este, co motivo das Letras Galegas, adicarase a Xela Arias.
Os usuarios poden participar de dúas maneiras. Por unha parte achegar unha gravación lendo un poema de Xela ou creando unha cuña publicitaria de 20 segundos, poñendo en valor a súa figura e convidando á veciñanza a visitar a exposición que se lle adicará na Casa Habanera do 7 ó 14 de xuño.