Nova obra de teatro este sábado no Valadouro

TerraChaXa | AMariñaXa
18 Dec 2020

Este sábado 19 de decembro ás 19:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura dentro do programa #CicloGargalladas da Deputación de Lugo o Grupo de Teatro AC Abrente As Nogais porá en escea a obra O Aeroporto da Valiña, peza enmarcada no xénero da comedia física e satírica.

O aforo do salón de actos estará limitado conforme ás normativas para facer fronte á pandemia do covid-19, polo que se poderá reservar sitio chamando ao 982571516.

0.11944103240967