Nova Poesía Guitirica organiza un recital diario nas redes sociais en abril

Continúan as iniciativas para seguir mantendo a vida cultural e social en Terra Chá. Nesta ocasión Nova Poesía Guitírica porá en marcha a primeira quincena de abril RecitalnaCasadaNPG co que pretende facer máis levadeiro o tempo de reclusión nas casas durante a pandemia.
Así, cada día ás 18:00 horas, o grupo de facebook de Nova Poesia Guitirica NPG terá un recital dun ou dunha poeta da NPG en directo que será compartido nas redes sociais doutros grupos poéticos e culturais.
Despois deste recital desde a casa e si a corentena continúa sobre as datas previstas, realizarán outro recital aberto a outros grupos poéticos. O programa previsto será o seguinte:
