Nova reunión da mesa local contra a violencia de xénero das Pontes
Todos os axentes sociais implicados na loita contra a violencia de xénero no Concello de As Pontes déronse cita na Casa Dopeso, nunha nova reunión da Mesa Local de Coordinación en materia de violencia de xénero.
O obxectivo desta reunión era continuar avanzando no establecemento de prácticas e mecanismos de actuación e coordinación entre as distintas institucións que operan en As Pontes, o CIM e a concellería de Benestar Social, Igualdade, Educación e Xuventude, dirixida por Tania Pardo, unindo esforzos e recursos para mellorar a prevención e a sensibilización contra a violencia de xénero e poder ofrecer, ao mesmo tempo, unha atención integral eficiente ás mulleres que sofren violencia de xénero.
Durante este encontro, representantes da asociación pontesa de ex-alcohólicos Adiante expuxo a problemática do alcoholismo entre as mulleres, a súa evolución ao longo das últimas décadas así como os protocolos de intervención postos en marcha pola asociación para facerlle fronte a esta enfermidade. Ademais amosaron as súas propostas de traballo para a mesa local de coordinación contra a violencia de xénero.
A continuación, os asistentes fixeron un balance da formación para as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Protección Civil e resto de axentes presentes na Mesa Local Contra a Violencia de Xénero, levada a cabo durante o mes de maio e financiada con fondos do Pacto do Estado, a través da Vicepresidencia do Goberno e o Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.
Por outra banda, a mesa contra a violencia de xénero fixou fixaron a data para súa próxima reunión que terá lugar o vindeiro 29 de outubro na que haberá una exposición formativa a cargo da avogada do CIM, Juana Tenreiro.