Nova ruta de sendeirismo Miño-Eo desde Meira

TerraChaXa
O Concello de Meira organiza un ano máis a Ruta de Sendeirismo Miño-Eo, que terá lugar o domingo 12 de maio cun percorrido de 20 quilómetros de dificultade media-alta.
1
2 May 2019

O Concello de Meira organiza un ano máis a Ruta de Sendeirismo Miño-Eo, que terá lugar o domingo 12 de maio cun percorrido de 20 quilómetros de dificultade media-alta.

A concentración de participantes será coma todos os anos diante da Igrexa para saír ás 8:30 a pé ata o Pedregal, lugar onde comeza a ruta sinalizada.

O almorzo, coma de costume, terá lugar en Espido (a 9km do inicio), e o xantar ao final da ruta, no Estreito, arredor das 14:00 horas.

Tamén haberá dous puntos de avituallamento, un en Espido e outro no Piñeiro, ademais de auga nos vehículos de Protección Civil que prestarán apoio durante o percorrido.

Aínda así, recoméndase aos camiñantes levar auga, petisco doce ou froitos secos para o camiño, así como roupa e calzado adecuados (botas montaña), sombreiro/gorra, apoio (vara, stick, ...) posto que o terreo está húmido e brando. Tamén se aconsella levar roupa para cambiarse ao remate da ruta.

O prezo de inscrición é de 10 euros por persoa e o prazo de inscrición remata o xoves 9 de maio. Os lugares para apuntarse son a Oficina de Turismo, ou nos teléfonos: 618 679 632, 982 330 102; ou por correo electrónico turismo@concellodemeira.com.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13179898262024