Nova semana de recollida de plásticos de silos en Vilalba

TerraChaXa
O Concello de Vilalba pon en marcha como en anos anteriores a campaña de retirada dos plásticos de uso agrícola e gandeira.
recollida plasticos silos vilalba
recollida plasticos silos vilalba
14 Maio 2023

O Concello de Vilalba pon en marcha como en anos anteriores a campaña de retirada dos plásticos de uso agrícola e gandeira. A partir do luns realizará unha nova retirada.

Desta forma, o concello facilita a reciclaxe e reutilización dun elemento altamente contaminante pola súa complicada degradación. A recollida só se realizará nos puntos de recollida establecidos en cada unha das parroquias.

Para favorecer os procesos de carga e descarga, os plásticos deberán de depositarse atados. O concello fai un chamamento á responsabilidade dos veciños e veciñas para que nestes puntos só se depositen plásticos agrícolas.

Para outro tipo de residuos, está aberto o punto limpo no polígono industrial, en horario de luns a venres de 16:00 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 14:00 horas.

recollida plasticos silos vilalba cartel
0.11245203018188