Nova semana de recollida de plásticos de silos en Vilalba a partir do luns

TerraChaXa
Para favorecer os procesos de carga e descarga, os plásticos deberán de depositarse atados
plasticos-de-silos
13 Mar 2025

O Concello de Vilalba continúa coa campaña de retirada dos plásticos de uso agrícola e gandeiro. A partir do luns e durante toda a semana realizará unha nova retirada.

Desta forma, o concello facilita a reciclaxe e reutilización dun elemento altamente contaminante pola súa complicada degradación. A recollida só se realizará nos puntos de recollida establecidos en cada unha das parroquias.

Para favorecer os procesos de carga e descarga, os plásticos deberán de depositarse atados. O concello fai un chamamento á responsabilidade dos veciños e veciñas para que nestes puntos só se depositen plásticos agrícolas.

Para outro tipo de residuos, está aberto o punto limpo no polígono industrial, en horario de luns a venres de 16:00 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 14:00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.76957511901855