Nova sesión de contacontos este mércores en Guitiriz

TerraChaXa
'Frumario o bibliotecario’ é unha proposta diferente coa que poderá gozar a cativada de entre 6 e 12 anos
frumario-bibliotecario-guitiirz
31 Aug 2025

A Escola Habanera do Concello de Guitiriz acollerá unha nova sesión de contacontos o mércores 3 de setembro. Nesta ocasión, será a quenda de Frumario o bibliotecario, programado para as 11:30 horas.

Trátase dunha proposta diferente na que a cativada poderá descubrir os segredos máxicos que se esconden nos andeis da biblioteca. Haberá dinámicas e escenas de fantasía, asombrosas narracións, poesía e música. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

A entrada será gratuíta para todos os interesados ata completar o aforo dispoñible.

Esta iniciativa forma parte da iniciativa Ler Conta Moito, o programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.

⚙ Configurar cookies
0.11945414543152