Nova xornada informativa para gandeiros en Castro Ribeiras de Lea

O 4 de novembro terá lugar en Castro Ribeiras de Lea unha xornada gratuita para gandeiros na que se informará da nova Política Agraria Común que mudará, en gran medida, a forma de producir en Europa.
Dende a Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia convidan a aqueles gandeiros que teñen a intención de cambiarse a produción ecolóxica a inscribirse na xornada e compartir as súas dúbidas e inquietudes cos demáis asistentes.
A xornada informativa terá lugar o xoves 4 de novembro de 11.00 horas a 13.30 horas na Granxa Gayoso Castro.
