Novalux celebra 25 anos de traxectoria con clientes, familia e amigos

A Óptica e Centro Auditivo Novalux, con sedes en Vilalba e As Pontes, celebrou o seu 25 aniversario cunha emotiva festa nas súas instalacións, á que acudiron clientes, familiares e amigos que quixeron acompañar o equipo neste momento tan especial.
Durante a celebración, as traballadoras compartiron con todas as persoas asistentes a alegría por cumprir un cuarto de século de actividade, consolidándose como un referente no sector da saúde visual e auditiva na comarca.
No acto tamén estivo presente Concepción Cortizas, fundadora e impulsora do negocio, cuxo labor e dedicación foron lembrados con especial cariño. “Seguimos o seu legado”, explicou Ana, unha das responsables actuais de Novalux, que destacou o crecemento constante que experimentou a empresa desde os seus comezos ata a actualidade.
Desde a dirección de Novalux puxeron en valor a evolución positiva do proxecto ao longo destes 25 anos, grazas á confianza dos seus clientes e ao compromiso dun equipo que, día a día, traballa para ofrecer un servizo próximo e de calidade.