Novas actividades fomentarán o lecer saudable nos Ancares e en Terras do Miño

TerraChaXa | LugoXa
A Deputación presenta a programación trimestral de actividades de leces saudable nas reservas da biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses
Terras do Miño
22 Jun 2022

A Deputación de Lugo organiza, un trimestre máis, un novo programa de actividades gratuítaspara fomentar o lecer saudable mentres se recibe educación ambiental.

Así, as reservas da biosfera de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia e Becerreá serán os protagonistas desta nova programación que inclúe propostas para todos os públicos que se desenvolverán neste terceiro trimestre do ano, dende o 2 de xullo ata o 30 de setembro.

O prazo de inscrición abre o mércores 22 de xuño, a partir das 00.00 horas. As actividades teñen o aforo limitado, polo que as persoas interesadas deberán anotarse a través das diferentes canles da institución provincial.

Para as iniciativas que se desenvolvan na Reserva dos Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia e Becerreá estarán dispoñibles os números de teléfono 982.227.812 e 982.227.813 e para as que teñan lugar na Reserva da Biosfera de Terras do Miño haberá habilitado un espazo na web: http://inscricions.deputacionlugo.org/gl/tema/actividades-medioambientais.

TERRAS DO MIÑO

A primeira proposta na Reserva de Terras do Miño será Rutas en kaiak, unha actividade para todos os públicos que se desenvolverá desde a Escola Lucense de Piragüismo do 4 ao 8 de xullo, en horario de mañá: de 10:00 a 14:00 horas. Haberá 10 prazas dispoñibles.

Do día 11 ao 15 de xullo está programada a actividade Cinco días na Natureza, unha actividade para nenas e nenos que se desenvolverá en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, e que conta con 15 prazas. O punto de partida será o Centro de Interpretación Terras do Miño.

Xa no mes de setembro, do día 5 ao 9, haberá outra actividade que sairá desde o Centro de Interpretación Terras do Miño e que está pensada para os máis pequenos da casa: Coñecendo a natureza do Paseo do Río Rato. Son 15 prazas e poderase desfrutar tamén en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas.

Entre o 19 e o 23 de setembro, os adultos poderán aprender de ebanistería no Obradoiro de Carpintería que se celebrará no Centro de Interpretación Terras do Miño de 10:00 a 14:00 horas da mañá. Haberá 12 prazas dispoñibles para as persoas interesadas.

O Centro de Interpretación Terras do Miño tamén será o escenario para as xornadas de Aproveitamento de recursos: conservas, herbas medicinais e tinturas naturais. Unha actividade pensada para os adultos que se desenvolverá entre os días 26 e 30 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, e para a que haberá 15 prazas.

ANCARES

Cervantes acollerá a primeira actividade da Montaña. Os días 2 e 9 de xullo haberá un Obradoiro de fotografía co móbil destinado aos adultos. Terá lugar na Escola de Piornedo en horario de 16:00 a 20:00 horas e haberá dispoñibles 15 prazas. O alumnado do CPI de Cervantes poderá desfrutar os días 16 e 17 de setembro dunha Xornada de astronomía con acampada nocturna para a que haberá 30 prazas. A actividade terá lugar de 19:00 a 00:30 horas.

O concello de Navia de Suarna acollerá entre os días 1 e 5 de agosto a actividade Reciclaxe e valores ambientais. Celebrarase na Escola de Barcia, estará destinada a nenas e nenos de 3 a 12 anos e terá lugar en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas. Haberá dispoñibles 20 prazas. O 10 de setembro, desde a Escola de Barcia sairá ás 10:00 horas o Roteiro Navia no verán, unha iniciativa pensada para as familias e para a que haberá outras 20 prazas.

Becerreá acollerá unha Xornada de Divulgación de morcegos o 3 de setembro. Unha iniciativa pensada para as familias que contará con charla, obradoiro e saída nocturna. O punto de partida será o Telecentro do municipio, terá lugar en horario de tarde, de 19:00 a 20:00 horas. O 6 de setembro as nenas e nenos poderán apuntarse a Cantos e costumes das aves, unha actividade para a que haberá 20 prazas e que se desenvolverá no Centro Social de Becerreá entre as 10:00 e as 14:00 horas.

CARTEL 3º TRIMESTRE Terras do Miño_page 0001
CARTEL 3º TRIMESTRE Ancares_page 0001

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12968683242798