Novas tarifas da tarxeta transporte para os estudantes de Viveiro

TerraChaXa | AMariñaXa
Novas tarifas da tarxeta transporte para os estudantes de Viveiro. Arriva vén de mudar os prezos, que o Concello subvenciona nun 50%
11 Xan 2021

A revisión de prezos feita pola empresa Arriva para este ano mudou as tarifas do sistema de transporte bonificado dirixido a estudantes de Viveiro e subvencionado polo Concello.

Con este sistema, os estudantes poden beneficiarse dunha subvención do 50% do importe en bonos de 30 ou 60 viaxes, tanto de ida como de volta, a Ribadeo, Lugo, A Coruña, Santiago, Foz ou Burela. Os únicos requisitos esixidos son estar empadroado en Viveiro e matriculado nunha titulación universitaria ou ciclo formativo que non se imparta no municipio.

As persoas interesadas en obter estes bonos de transporte teñen que facer un ingreso na conta de Abanca titularidade de Arriva co importe do bonobús que desexen. Logo entregarán no Concello o xustificante do ingreso, unha fotografía e unha fotocopia da matrícula dos estudos que está a cursar.

As tarxetas de transporte teñen que devolverse ao final do curso académico.

Novos prezos

  • Viveiro-Ribadeo. 53,62 euros (30 viaxes) e 82,5 (60 viaxes)
  • Viveiro-Lugo. 82,88 euros (30 viaxes) e 127,5 euros (60 viaxes)
  • Viveiro-A Coruña. 107,25 euros (30 viaxes) e 165 euros (60 viaxes)
  • Viveiro-Santiago. 126,75 euros (30 viaxes) e 195 euros (60 viaxes)
  • Viveiro-Foz. 29,25 euros (30 viaxes) e 45 euros (60 viaxes)
  • Viveiro-Burela. 19,5 euros (30 viaxes) e 30 euros (60 viaxes).
0.16935181617737