Novas xornadas de portas abertas na loita vilalbesa

TerraChaXa
O Club de Loita Vilalba celebra durante esta quincena de setembro adestramentos de portas abertas para poder mostrar a todos os interesados este deporte e o funcionamento da entidade deportiva.
xornada portas abertas loita portada
9 sep 2023

O Club de Loita Vilalba celebra durante esta quincena de setembro adestramentos de portas abertas para poder mostrar a todos os interesados este deporte e o funcionamento da entidade deportiva.

Así, de forma gratuíta, poderá participarse nos adestramentos que se realizan os luns, mércores e os venres na sala de loita do auditorio municipal de Vilalba. Para os pequenos de 5 a 6 anos, o horario é de 17.00 a 18.00 horas, neste caso só mércores e venres. Para nenos de 7 a 8 anos o horario será de 18.00 a 19.00 horas os tres días; de 9 a 11 anos terán de 19.00 a 20.00 horas tamén os tres días, e para a rapazada de 12 a 16 anos, están previstos adestramentos entre as 20.00 e as 21.30 hora nas tres xornadas.

Os interesados en informarse sobre o desenvolvemento desta actividade poden facelo no correo loitaolimpicavilalba@yahoo.es ou no whatsapp 677 518 621. As sesións rematarán o 30 de setembro.

xornada portas abertas loita vilalba
0.16962599754333