Nove produtores asistiron en Muras a unha nova Feira do Mel

TerraChaXa
A Feira do Mel de Montaña de Muras volveu esta fin de semana cunha nova edición, a VIII, cun intenso programa de actividades e a celebración do concurso de calidade do mel, no que participaron este ano 9 empresas apícolas locais, que levaron mil quilogramos de produto.
feira do mel muras 6
11 Dec 2023

A Feira do Mel de Montaña de Muras volveu esta fin de semana cunha nova edición, a VIII, cun intenso programa de actividades e a celebración do concurso de calidade do mel, no que participaron este ano 9 empresas apícolas locais, que levaron mil quilogramos de produto. O cambio de data, atrasada polas obras na praza do Viveiró, e o mal tempo non prexudicaron moito e a sesión volveu contar con numeroso público.

A programación combinou actividades de todo tipo para nenos e maiores con relatorios espacialistas, obradoiros de cociña e actuacións musicais ademais dunha degustación.

Gran éxito de público nunha nova xornada na que os premios da cata foron para o viveirense con colmeas en Muras César Castro Piñón, como mellor monofloral de breixo, e o segundo recaeu no apicultor vilalbés Iván Díaz Souto.

A Feira arrancou o sábado coa tradicional cata de mel, unha charla de apicultura e unha degustación de liscos. O gañadores do concurso déronse a coñecer na entrega de premios e foron para José Antonio Permuy, que levou o primeiro e o de monoflorais, e Javier Vázquez Picos, ao que correspondeu o segundo.

O día grande da feira foi o domingo e contou cunha trintena de postos variados. Especial relevancia tivo o showcooking de Lucía Freitas, propietaria e chef de dous restaurantes que conta cunha estrela Michelín.

0.18927812576294