Novo curso de condución segura para particulares na Pastoriza

TerraChaXa
O circuíto da Pastoriza acolle o 9 de febreiro un novo curso de formación de particulares.
83792368_2092520720851187_7582708750419492864_o
7 Feb 2020

O circuíto da Pastoriza acolle o 9 de febreiro un novo curso de formación de particulares. A principal característica deste curso é a personalización absoluta, dado que é o monitor, que sempre acompaña ao alumno, quen se vai adaptando ao nivel de cada un deles. Así mesmo pode realizarse as veces que se desexe porque a formación é continua e sempre se van introducindo novos conceptos e perfeccionando os anteriormente adquiridos.

O curso terá unha duración dunha xornada e dará comezo ás 9.00 horas ata as 18.00 con sesión teórica a primeira hora e dúas sesións de prácticas ás 10.45 e 15.30.

O participantes recibirán formación sobre posición de condución, manexo do volante en diferentes situacións, trazados e traxectorias, utilización correcta do freo e acelerador, sistema ABS, dinámica de pesos no vehículo e comportamento do vehículo (Sub e sobreviraxes).

Os que desexen inscribirse poden facelo a través do teléfono 650 367 521 ou no correo info@ptcescuela.com.

0.1014609336853