Novo éxito da Feira do Poldro de Muras

TerraChaXa
Nesta fin de semana celebrouse en Muras a XXXV edición da Feira do Poldro e do gando de monte, con gran éxito de organización e participación con presenza de numerosas gandeirías de toda a contorna xa que esta Feira é unha referencia no norte galego en gando cabalar e de monte.
feira do poldro muras4
25 sep 2023

Nesta fin de semana celebrouse en Muras a XXXV edición da Feira do Poldro e do gando de monte, con gran éxito de organización e participación con presenza de numerosas gandeirías de toda a contorna xa que esta Feira é unha referencia no norte galego en gando cabalar e de monte.

A feira, organizada polo Concello e con importantes colaboracións de colectivos coma Puraga e a Asociación Atila de amigos dos cabalos, de Muras, é Festa de Interese Turístico de Galicia “e cada ano sigue a medrar cuantitativa e cualitativamente, o cal é moi importante para o noso concello” afirmou o alcalde de Muras Manuel Requeixo, que xunto coas concelleiras do goberno Cristina Franco e Paula Gómez, na que recaeu o peso da organización, estiveron acompañados por unha representación do BNG, entre os que estaba o deputado no Parlamento Daniel Castro, o responsable comarcal Antonio Veiga, e o deputado de Medio Rural da Deputación de Lugo Daniel García, institución que desde esa área colabora todos os anos con esta feira.

Para o Bng, o medio rural, un sector estratéxico

Para o BNG son necesarias políticas específicas para o medio rural, porque son estratéxicas, son parte dun proxecto de ordenación do territorio que se tén que desenvolver para o conxunto do país e son esenciais para garantir un desenvolvemento sustentábel e harmónico do territorio. Afirman os nacionalistas que son necesarias tamén políticas coma as que desenvolve o Concello de Muras, que considera o medio rural un sector estratéxico e chave no desenvolvemento económico e social, con actuacións públicas que garanten servizos de calidade @s habitantes dun concello eminentemente rural como é o de Muras, en diverso eidos coma o educativo, o social, ou os beneficios pola explotación dos recursos enerxéticos.

0.20245599746704