Amigus Labs organiza este sábado, 23 de outubro, un obradoiro de FreeCAD. FreeCAD é unha das ferramentas de referencia no mundo maker para a creación e modelado de pezas en 3D, totalmente libre (e gratuíta), que alcanzou o seu máximo apoxeo gracias á popularización das impresoras 3D, ó alcance xa de calqueira persoa hoxe en día. É multiplataforma, polo que poderás usala indistintamente en calqueira ordenador con calqueira Sistema Operativo: Windows, Linux ou OSX.
O relator fará unha introducción dende cero a esta ferramenta, para indicar como crear as tuás primeiras pezas. O obradoiro será totalmente práctico.