Novo ouro de Carlos Yobani no torneo internacional de Sassari
O vilalbés Carlos Yobani García acadou esta fin de semana un novo ouro no Torneo Internacional Citta de Sassari tras dominar a categoría de menos de 65 kg júnior.
Carlos amosa así o seu estado de forma de cara ao próximo europeo júnior que se celebrará en Roma a finais de xullo e para o que o vilalbés, que xa contaba entre os favoritos antes de Sassari, case que confirma a súa convocatoria tras ser o único ouro de combinado español na categoría júnior masculina.
Tamén temos que informar de que José Cuba, que non asistiu a Sassari para recuperarse dunhas molestias de xeonllo que acarreaba dende os pasados europeos de Rusia, finalmente non poderá participar nos Xogos do Mediterráneo de Tarragona por estar a súa categoría entre as eliminadas pola organización do calendario de competicións.
Os dous deportistas comezarán esta mesma semana a preparar as próximas citas internacionais, para Carlos o europeo júnior de Roma a finais de xullo e para Cuba o Grande Premio de España de mediados de xullo, proba fundamental si quere ter opcións de estar nos próximos mundiais.