Novo repunte de casos de coronavirus na provincia

TerraChaXa | AMariñaXa
Novo repunte de casos de coronavirus na provincia. Sumou 114 e volven subir os casos positivos en 56 ata os 1.109.
106273107_4634144349944749_7688832353664698835_o
14 Nov 2020

A provincia de Lugo rexistrou un novo revés cun repunte de novos positivos. Sumou 114 e volven subir os casos positivos en 56 ata os 1.109. A cifra mitigouse polas 58 altas que se deron e que deixan á provincia cun total de 4.072 persoas na provincia que superaron a enfermidade. Así mesmo xa son 109 os falecidos, un máis dende onte, unha muller ingresada en Monforte.

Malia o repunte de casos a hospitalización mantén os niveis da xornada pasada. Así, permanecen ingresadas 51 persoas, 45 en planta e seis na UCI do Hula. Neste centro 27 persoas en planta, catro menos que este venres. Na Mariña e Monforte rexistráronse dous ingresos, un en cada hospital. No primeiro caso permanecen 12 contaxiados en planta e, no segundo, seis.

O mapa de alertas rexitra varios cambios. Na costa Viveiro segue en laranxa mentres que Cervo xa volve a nivel normais con Burela e Foz en amarelo. Neste primiero nivel entra agora tamén Xove.

Na Terra Chá Vilalba segue en vermello mentres que poucos cambios no sur. Chantada segue en máxima alerta mentres Monforte mantén a cor laranxa. Carballedo recupera a normalidade pero Taboada segue en amarelo.

No centro da provincia a situación é peor. Lugo mantén o nivel vermello e Sarria o laranxa. Neste mesmo color vén de entrar Guntín, tras un pequeno gromo no centro de maiores que afecta a dez persoas. Guntín pasa ao nivel 2 dende a normalidade e nuhna única xornada. Outeiro de Rei, Corgo e Castroverde seguen en amarelo e entra tamén no grupo Láncara.

GALICIA

A comunidade galega sumou 640 positivos por coronavirus en 24 horas, manténdose na mesma liña que en datas precendentes. En canto aos casos activos, volven subir en 22, ata o total de 9.554.

Pero Lugo non é a única área que sobe os seus casos novos. Tamén crecen aínda que de xeito moi moderado a área de Ferrol, con 50 novos infectados nun día, e a de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, con 43. Son as zonas con menos crecemento.

Pola súa banda, baixan os positivos diarios a área sanitaria da Coruña-Cee, ata 103 (8 menos); a de Santiago-Barbanza, cunha importante caída ata os 52 (43 menos); e a de Pontevedra-O Salnés, con 64 novos contagios (un menos).

Nas últimas 24 horas deuse o alta a 630 persoas diagnosticadas de covid-19, ata situar o total de curados desde o inicio da pandemia en 34.254. Pero tamén notificáronse dez falecementos (catro deles vinclados a residencias), polo que o cómputo global de vítimas mortais en Galicia colócase xa en 1.056.

Das sete áreas sanitarias, tres descenden este sábado o número de pacientes, Santiago, cun total de 1.085 (43 menos); Ourense, con 856 (18 menos) e Ferrol, con 872 (43 menos).

Deste xeito, o resto aumentan a cifra de casos activos. A que concentra o maior número é Vigo, con 2.508 pacientes (58 máis); seguida pola Coruña, con 1.847 (7 máis); Pontevedra, con 1.277 (7 máis).

0.15432786941528