NPG fará unha homenaxe a Carvallo Calero o domingo en Facebook

TerraChaXa
Poetas da NPG Nova Poesía Guitirica honrarán a Ricardo Carvallo Calero, a quen se adican as Letras Galegas deste ano, cun recital en directo o 17 de maio no Facebook.
1
14 Maio 2020

Poetas da NPG Nova Poesía Guitirica honrarán a Ricardo Carvallo Calero, a quen se adican as Letras Galegas deste ano, cun recital en directo o 17 de maio no Facebook.

Esta medida ponse en marcha trala prohibición e restricción dos actos públicos e amparados polo éxito das distintas iniciativas que se realizaron durante o confinamento a través das redes sociais.

O acto, que terá lugar ás 20.00 horas, comenzará coa lectura do prólogo que Carvalho Calero fixo para Nimbos de Díaz Castro e cada persoa recitará algún poema de Carvalho ou en homenaxe a él.

A amizade entre Carvalho Calero e Díaz Castro dá a este recital un valor especial para a poesía guitirica, que ten ao poeta dos Vilares como a grande referencia e causa da súa existencia.

0.19006204605103