O 10 terá lugar unha nova carreira popular nos Vilares
O 10 de agosto celebrarase a XXXII Carreira Popular Os Vilares de Guitiriz coincidindo coa celebración da Romaría Labrega da Chaira.
A proba comezará ás 11.00 coa recollida de dorsais, e ás 12:30 arrancará a categoría absoluta que será de 5 quilómetros, e na que haberá diferentes categorías, A (ata 29 anos), B (de 30 a 42 anos), C (de 43 a 55 anos) e D (máis de 55 anos).
Ás 13:15 será a quenda das carreiras infantís coas categorías E (2109 e posteriores), F (2016 a 2018), G (2009 a 2011), H (2011 a 2013) e I (2009 a 2011).
Ao rematar as diferentes probas farase entrega dos premios para os mellores participantes, ademais do agasallo conmemorativo para todos. Os premios serán para o primeiro atleta local e o gañador ou gañadora da carreira absoluta.
Haberá avituallamento final para os atletas que rematen a proba, na zona habilitada pola organización.
Para participar é preciso inscribirse antes do 8 de agosto na páxina web de championchipnorte.com.