O 15 está convocada outra sesión do programa BTTeando por Guitiriz

TerraChaXa
O programa BTTeando por Guitiriz continúa esta fin de semana coa ruta das biduueiras, A inscrición está aberta ata o xoves anterior.
btteteando cova da serpe guitiriz
5 Maio 2022

O programa BTTeando por Guitiriz continúa o día 15 de maio cunha nova saída. Tralo seu inicio no mes de novembro, continúa así a cuarta edición desta actividade, organizada polo Concello en colaboración co Club BTTeiros Cova de Serpe, e que consiste na realización dunha serie de rutas en bicicleta polos sitios máis característicos do municipio e incluso doutras vilas.

A saída será pola Ruta das Bidueiras que terá como punto de saída e chegada San Alberte, do que partiremos ás 10:00 horas.

Como sempre, está aberta ao público en xeral pero os menores de 14 anos deben ir acompañados dunha persoa responsable adulta. Para participar hai que anotarse previamente no Concello ou a través do Club BTTeiros Cova da Serpe. É obrigatorio levar casco e aconsellan equiparse cunha peza de fruta e tamén auga.

0.1005699634552