O 18 haberá unha nova reunión no Vilalbés de cara ao futuro do club
O Rácing Club Vilalbés celebrará o domingo 18 de abril, ás 18.45 unha asemblea xeral extraordinaria para tratar sobre a renovación da directiva trala dimisión do presidente actual, Francisco Ruiz Rey, e do resto do grupo unha vez que remate a tempada en curso.
A reunión terá lugar no estadio municipal da Magdalena con un único punto na orde do día, a comunicación por parte da xunta directiva das consultas realizadas ante o órgano competente en materia de deporte da Xunta de Galicia, Concello de Vilalba e Real Federación Galega de Fútbol debido á posible disolución do club de non aparecer novo presidente.
Esto é así xa que trala notificación da dimisión abriuse un período electoral para a presentación de candidaturas que rematou sen alternativas á dirección polo que se fixo unha nova asemblea na que tampoco atopora unha vía de saída.
A asemblea será 15 minutos despoiso do remate do encontro de Terceira División polo que a hora de inicio pode modificarse.