O 23 de xuño terá lugaren Vilalba o espectáculo Terras da queimada
TerraChaXa
O vindeiro domingo 23 de xuño terá lugar ás 22:00 horas na praza de Santa María o espectáculo Terras da queimada, unha mostra que conta coa actuación do actor Bruxo Queimán e de dúas Bruxas, que a través das danzas de lume mesturan a tradicional queimada con novas tendencias escénicas.
22 Xuño 2019

Os actores e actrices interactúan co público facéndoo partícipe do espectáculo, e entre os seus obxectivos está o de transmitir a historia a través das lendas da nosa cultura, recuperar a esencia de costumes esquecidos e proporcionar ás persoas asistentes un espectáculo dinámico, visual e interactivo.
En caso de choiva, trasladarase á praza da Constitución.