O 9 terá lugar unha nova carreira popular nos Vilares

A Asociación de Veciños, Cultural e Medioambiental dos Vilares; celebra o 9 de agosto a XXXIII Carreira Popular Os Vilares de Guitiriz.
A proba comezará ás 11.00 horas coa recollida de dorsais, e ás 12:30 arrancará a categoría absoluta que será de 5 quilómetros, e na que haberá diferentes categorías, A (ata 29 anos), B (de 30 a 42 anos), C (de 43 a 55 anos) e D (máis de 55 anos).
Ás 12:45 será a quenda das carreiras infantís coas categorías E (2020 e posteriores), F (2017 a 2019), G (2014 a 2016), H (2012 a 2013) e I (2011 a 2010).
Ao rematar as diferentes probas farase entrega dos premios para os mellores participantes, ademais do agasallo conmemorativo para todos. Os premios serán para o primeiro atleta local e os tres gañadores ou gañadoras da carreira absoluta.
Haberá avituallamento final para os atletas que rematen a proba, na zona habilitada pola organización.
Para participar é preciso inscribirse antes do 7 de agosto na páxina web de championchipnorte.com.