O Abadinense reclama axuda de todas as institucións para solucionar o problema do campo de fútbol
O ADC Abadinense, equipo de veteranos da localidad, volveu reclamar ao Concello o arranxo do campo de fútbol "xa que seguimos dende fai 4 anos privados de xogar no noso campo de fútbol".
Os xogadores aseguran que non chegaron a ningún acordo co alcalde nas negociacións que retomaron este verán e nas que solicitaban o uso do campo "catro horas ao mes para disputar os partidos como locais".
O club acusa ao alcalde e aos seus concelleiros de partido de non querer chegar a un acordo."Moi recentemente, o club chegou a un acordo coa Deputación de Lugo para o arranxo do campo municipal de Abadín (poñendo céspede artificial), cun capital de máis de 200.000 euros, o que evitaría problemas e axudaría a que poideran xogar os 3 equipos do Concello. Este acordo foi refrendado tamen no pleno do concello por tódolos concelleiros, pero é curioso que a documentación para a dita subvención fora entregada fóra de prazo en Lugo, cando menos, curioso".