O actor Denís Gómez será o pregoeiro da Festa da Filloa 2025 de Muimenta

TerraChaXa
Código Emperador con Luis Tosar, Serramoura, Padre Casares, Entrevías ou Cuéntame cómo pasó son algunhas das súas participacións máis destacadas
denis-gomez-feal-pregoeiro-muimenta
29 Jan 2025

Denís Gómez Feal será o pregoeiro este ano da Festa da Filloa de Muimenta, segundo comunicou a organización.

Denís Gómez naceu na Coruña (setembro do 1978). Estudou Dereito na universidade da súa cidade onde comezou a partillar os seus estudos oficiais co teatro universitario.

Como a súa afición superou en ánimo á súa formación en leis, decidiu rematar a carreira en Madrid e así poder compaxinalo cos estudios de arte dramático. 
Foi aí onde comezaron a sairlle os seus primeiros papeis en películas como Los Lunes al sol de Fernando León ou series como El Comisario.

Aos poucos, os traballos no mundo audiovisual foron crecendo en cantidade e importancia e asemade afianzándose tamén sobre as táboas da man da súa compañía Os Náufragos, que comenzou a súa actividade en Madrid pero que ten agora a súa sede en Galicia.

No 2016 protagonizou para a Galega O sabor das margaridas, primeira serie en galego para Netflix que obtivo gran éxito en todo o mundo, converténdose na serie máis vista en idioma estranxeiro en moitos países do mundo. 
Por esta serie, Denís obtivo o seu primeiro nomeamento aos premios Mateo coincidindo tamén coa súa primeira nominación aos Premios María Casares de teatro por Karelu.

Traballos como Código Emperador con Luis Tosar, Serramoura, Padre Casares, Entrevías ou Cuéntame cómo pasó foron continuándose ate os nosos días onde Denís ten pendente a estrea de tres películas rodadas na terra e unha serie para Netflix.

0.09494686126709