O ADC San Xoán de Guitiriz crea un equipo sénior B

TerraChaXa
A ADC San Xoán de Guitiriz comunicou oficialmente a creación para esta tempada que comeza dun equipo B na categoría sénior masculina.
equipo novo san xoan guitiriz
8 Ago 2021

A Asociación Deportiva e Cultural San Xoán de Guitiriz comunicou oficialmente a creación para esta tempada que comeza dun equipo B na categoría sénior masculina de fútbol sala, que militará na Primeira Autonómica, antes coñecida como Provincial.

Este equipo ten o obxectivo de dar saída a todos aqueles xogadores das Escolas Deportivas de Guitiriz, "de modo que todos poidan seguir xogando", indican dende a dirección do club.

Ademais, o club xa confirmou tres renovacións, a de Christian, Suso e Adri, que repetirán nas filas do Guitiriz a próxima tempada.

0.09882378578186