O alcalde de Burela entregou un agasallo ás gañadoras da liga feminina de fútbol sala
TerraChaXa | AMariñaXa
O alcalde de Burela entregou un agasallo ás gañadoras da liga feminina de fútbol sala. Aproveitando o Burela contra o Universitat de Alacant.
8 Nov 2020
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, en nome do Concello fíxolle entrega dun agasallo conmemorativo ás ganadoras da liga feminina de fútbol sala, o Pescados Rubén Burela.
Ana Romero, porteira do Universitat de Alacant, que a pasada campaña militou nas filas das guerreiras laranxas, tamén recolleu o seu detalle aproveitando a visita a Burela do seu novo club para medirse coas locais.