O alcalde de Castro publica un bando aplicado ás matanzas

TerraChaXa | LugoXa
O alcalde de Castro de Rei, Javier Balado Teijeiro, publicou un bando con motivo da celebración en datas próximas das habituais matanzas.
24 Nov 2020

O alcalde de Castro de Rei, Javier Balado Teijeiro, publicou un bando con motivo da celebración en datas próximas das habituais matanzas. Segundo explica neste documento, "poden ser un importante foco de contaxios se non se respectan as medidas marcadas polas autoridades sanitarias".

O alcalde lembra que as reunións con persoas non convivintes están limitadas a seis persoas segundo a orde do 13 de novembro da Xunta de Galicia.

Tamén recomenda o alcalde adoptar outras medidas adicionais como realizar os traballos non exterior ou en lugares ventilados e só coas persoas estrictamente necesarias; usar máscara en todas estas labores así como evitar xuntanzas multitudinarias, comidas, ceas e sobremesas entre persoas non convivintes.

0.21843099594116