O alcalde de Foz aclara a polemica da limpeza dun vial municipal en Marzán

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, aclara ao portavoz do Partido Popular que as obras que critica son de limpeza dun vial municipal en Marzán.
1 Xul 2020

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, aclara ao portavoz do Partido Popular que as obras que critica son de limpeza dun vial municipal en Marzán.

O rexedor municipal explica que “o Partido Popular e o seu portavoz están chegando ao absurdo na política local. A última denuncia que fai o PP de Foz a través da prensa é por desbrozar o vial 1C.1.0416, no barrio de Marzán, un camiño con firme de terra de titularidade municipal que non se limpou dende hai moitos anos e que desemboca na estrada LU-P-2011, da Deputación de Lugo, onde está sacada a foto.

Fran Cajoto cre que “o portavoz do Partido Popular está descubrindo camiños que non sabía que existían”.

 

0.15458917617798