O alcalde de Friol, nomeado cabaleiro na Festa da Augardente de Portomarín

TerraChaXa
O alcalde de Friol, José Ángel Santos, foi nomeado en Portomarín cambaleiro da Serenísima Orde da Alquitara, na Festa da Augardente.
santos alcalde friol festa augardente portomarin
18 Apr 2022

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, foi nomeado este domingo en Portomarín cambaleiro da Serenísima Orde da Alquitara, dentro das 50 edición da Festa da Augardente.

Xunto ao rexidor de Friol tamén recibiron este distintivo outras personalidades da política local e galega. Xa que nesta ocasión lembrábase a figura do ex alcalde fundador da festa Manuel Castelo.

Malia os nomeamentos, a xornada serviu para promocionar e vender a augardente dos produtores locais tanto en botella como en chupito. Xunto á augadente houbo oco para a gastronomía, coa degustación de empanada de anguila. Todo isto amenizado por unhas boas temperaturas.

"Ata o dia de hoxe visitar Portomarín sempre foi un pracer e unha satisfacción por ver a un dos pobos máis acolledores de Galicia, desde este momento será tamén un orgullo. Agradecer ao Concello de Portomarín por este distinción cara a miña persoa. Especialmente ao alcalde Pablo Rivas e ao senador Juan Serrano, principalmente pola súa labor que levan desenvolvendo durante estes anos co obxectivo de modernizar e impulsar o municipio en todos os sentidos, cónstame que ese obxectivo está conseguido", dixo Santos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18846702575684