O alcalde de Friol recibe aos 4 atletas que participaron no Campionato de España

TerraChaXa | LugoXa
Este sábado día 4 de decembro, foron recibidos polo Alcalde na Casa do Concello de Friol, os máis destacados atletas do pobo.
RECEPCION ATLETAS FRIOL
5 Dec 2021

Este sábado día 4 de decembro, foron recibidos polo alcalde na Casa do Concello de Friol, os máis destacados atletas do pobo. María Carballido, Cristian Montecelo e Nerea e Adrián Lage, os catro veciños de Friol, veñen de disputar, fai uns días, o Campionato de España absoluto de campo a través por clubs en relevos mixtos, celebrado no Conxunto Arqueolóxico de Itálica, en Santiponce (Sevilla).

Lograron un gran posto 19, nunha competición dura e con grandes atletas contra os que competiron. Desfrutaron moito da competición e representaron ao seu pobo dun xeito espectacular. Estes traballadores incansables na loita por conseguir os seus soños en este deporte en particular, e na vida en xeral, son ademais grandes persoas e bos amigos.
Dende o Concello de Friol queren agradecer que representen dun xeito tan nobre ao seu pobo, por todos os lugares aos que van competir, e tamén o seu gran esforzo en cada competición á que acoden.

O equipo de Goberno, dirixido por José Á. Santos, considera necesario seguir apoiando o deporte en xeral, e ao Club Atletismo Friol e estes grandes atletas, en particular, pola súa gran traxectoria ao longo de todos estes anos.

Estes catro atletas friolenses levan xa dez anos practicando atletismo. Como ben di o seu mentor e adestrador, Felipe Barata, “unha década de amizade, de sinsabores, de algún que outro triunfo, pero sempre desfrutando dun deporte que xa forma parte das súas vidas. Agora xa son atletas con carné de autenticidade, pero por encima de todo son un Equipo”.

O alcalde móstrase orgulloso de estes rapaces e rapazas, e destacou a importancia do fomento do deporte para manter unha boa saúde física e tamén mental, e tamén que “é moi importante que os máis novos teñan como referentes a estes mozos e mozas, que son veciños de Friol, e que están logrando tantos éxitos no atletismo autonómico e nacional, e todo o que está por chegarlles. E todo conseguido con esforzo, traballo e sacrificio, valores que se precisan tamén para a vida diaria”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17311191558838