O alcalde de Friol reúnese co conselleiro de Cultura

LugoXa | TerraChaXa
O representante da Xunta coñeceu de primeira man os proxectos e as necesidades do municipio nas áreas da súa competencia
reunion-alcalde-friol-conselleiro-cultura
21 Oct 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe unha xuntanza co alcalde do concello lucense de Friol, José Ángel Santos, para explorar vías de colaboración nas materias do seu departamento.

Así, o representante da Xunta coñeceu de primeira man os proxectos e as necesidades do municipio nas áreas da súa competencia, vencelladas con propostas de dinamización da cultura, co patrimonio, con accións para o impulso da lingua galega ou as que teñen que ver coa xuventude.

⚙ Configurar cookies
0.068275928497314