O alcalde de Friol visita o centro de día e agasalla aos maiores residentes

LugoXa | TerraChaXa
Este centro, que leva funcionando máis de tres anos, ten nestes momentos a totalidade das prazas cubertas, con lista de agarda
visita-maiores-centro-de-dia-friol
18 Dec 2024

Os maiores que asisten diariamente ao centro de día que Afalu xestiona no Concello de Friol, recibiron este martes a visita de parte do equipo de Goberno local, que lle fixeron entrega duns detalles. O alcalde de Friol quere así agasallar, en estas datas tan sinaladas, a estas persoas maiores "que desfrutan de este servizo tan necesario e fundamental para esa parte da sociedade que tanto o necesita".

Este centro, que leva funcionando maáis de tres anos, ten nestes momentos a totalidade das prazas cubertas, con lista de agarda. Este servizo dispón de 14 prazas públicas, subvencionadas pola Xunta. É un servizo de atención ao Alzheimer.

A Xunta destinou 198.000 euros este ano para a prestación de servizos de atención e transporte neste centro. Así mesmo, tamén colabora con Afalu na posta en marcha dos centros de día que esta asociación ten en Lugo e Ourense, así como noutros programas de prevención e estimulación cognitiva.

O alcalde José Ángel Santos destacou a importancia deste servizo e deste centro que xestiona Afalu, e do apoio da Xunta, e dixo que “este é un servizo básico para a poboación que ten algún tipo de problema relacionado co Alzheimer, ou que ten probabilidade de telo, posto que os profesionais que traballan aquí están especializados en traballar con estas persoas e conseguir que a súa enfermidade avance o mais lentamente posible, e incluso que poidan recuperar certas facultades que viron reducidas”.

0.16181898117065