O alcalde de Ourol espera que o proxecto da futura residencia poda rematarse este ano

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
3 Mar 2020

O alcalde de Ourol, José Luis Pajón, espera que a Deputación teña listo este ano o proxecto para a construción dunha residencia e centro de día nas instalacións que tiña o colexio, hoxe en desuso.

Para facer esta obra o Concello xa solicitou a desafectación do edificio e xa firmou o convenio co anterior equipo de Goberno provincial para facer esta obra. Mediante este convenio a Deputación farase cargo do proxecto e da construción da residencia e centro de día mentres o Concello destinará 200.000 euros en catro anualidades de 50.000.

Agora mesmo, estudian para a súa construción dúas opcións, por unha parte adaptar o edificio existente na actualidade ou memos facer un de cero. Esta é debido a que existe nesta zona un desnivel moi grande que entraría en conflito cos requisitos de accesibilidade  necesarios para un centro deste tipo.

"A cuestión é ver que non sae máis barato, e cando de saiba pois seguimos dando pasiños cara adiante", dixo Pajón.

 

0.12311697006226