O alcalde de Outeiro de Rei agradece o envío de material da Xunta

TerraChaXa
O alcalde do Concello de Outeiro de Rei, José Pardo, informou que a Xunta de Galicia é a única administración que periodicamente envía material para a prevención do Coronavirus ao Municipio.
IMG 20200408 WA0020
8 Abr 2020

O alcalde do Concello de Outeiro de Rei, José Pardo, informou que a Xunta de Galicia é a única administración que periodicamente envía material para a prevención do Coronavirus ao Municipio. Despois de recibir o día 8 de abril, 200 máscaras cirúrxicas, 400 luvas de nitrilo,   xel hidróalcohólico en 3 botes de 500 mm, 5 litros de lixivia e 5 traxes antisalpicaduras.

O mandatario destacou que "esta é a segunda vez que a Xunta apoia ao noso Concello en tan difícil situación", polo que Pardo agradece publicamente a axuda que recibe para a súa xente nestes momentos críticos.

0.18379282951355