O alcalde de Rábade califica de "moi positiva" a reunión con Adif

TerraChaXa
O alcalde de Rábade, Francisco Fernández Montes, mantivo esta semana en Madrid unha reunión co Director Xeral de Conservación e Mantemento de ADIF Ángel Contreras Marín, coa finalidade de resolver o problema que crea o "nefasto estado no que se atopa a pasarela, que cruza a vía do ferrocarril no centro da vila".
44205189_2103510963199599_2347996386647080960_n
23 Oct 2018

O alcalde de Rábade, Francisco Fernández Montes, mantivo esta semana en Madrid unha reunión co Director Xeral de Conservación e Mantemento de ADIF Ángel Contreras Marín, coa finalidade de resolver o problema que crea o "nefasto estado no que se atopa a pasarela, que cruza a vía do ferrocarril no centro da vila".

"O resultado da reunión foi bastante positivo e moi satisfactorio para o Concello, xa que na mesma, despois de analizar e descartar definitivamente a posibilidade de habilitar un paso a nivel entre as propias vías, o Director Xeral adquiriu o compromiso de encargar de xeito inmediato aos técnicos de ADIF a elaboración do estudio de acondicionamento e cumprimento de accesibilidade do referido paso, valorando primeiramente a posibilidade de acondicionamento e mellora da existente, sempre que esta o permita, garantindo tanto a seguridade como a accesibilidade, ou ben de non ser viable, adoptar outra solución incluso noutra ubicación", indicou o alcalde.

Para esta actuación ADIF, pola súa parte, esixelle ao Concello asumir o compromiso de mantemento da infraestructura unha vez executada. Igualmente ADIF comprometeuse a manter informado ao Concello do estado e evolución desta actuación, "tan imprescindible para a nosa vila", conclúe Fernández Montes.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.081598043441772