O alcalde de Ribadeo e o presidente da Deputación participaron na constitución das comisións de seguimento que supervisarán o centro de atención a persoas maiores

TerraChaXa | AMariñaXa
No día de onte quedaron constituídas as comisións de seguimento que se encargarán de supervisar toda a posta en marcha e o funcionamento do centro de atención a persoas maiores de Ribadeo.
Pleno 1
28 Mar 2019

No día de onte quedaron constituídas as comisións de seguimento que se encargarán de supervisar toda a posta en marcha e o funcionamento do centro de atención a persoas maiores de Ribadeo. Delas forman parte o alcalde, Fernando Suárez, e o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, así coma técnicos de ambas institucións. 

Ao remate destes actos o rexedor explicou que “seguimos traballando de maneira cooperativa, coordinada, honesta e da maneira que espera a cidadanía que traballen os políticos de diferentes administracións polo ben común e para os paisanos e as paisanas”.

Suárez Barcia dixo que “tivemos este primeiro acto de constitución destas comisións que están establecidas nas ordenanzas que nós fomos dotando hai uns meses, que foron aos plenos dos Concellos e concretamente ao noso, e que tamén foron aprobadas por unanimidade, non houbo alegacións e están definitivas. Esas ordenanzas establecen que hai que facer convocatorias de seguimento mixtas, xerais e agora estamos creando todo este entramado técnico que é necesario”.

O rexedor engadiu que “despois todos os interesados que queiran pedir información para vir aquí, para pasar os últimos días das súas vidas, que agardamos sexan moitos,  con comodidade e todos os servizos nesta marabilla de centro de atención a persoas maiores, que o poidan xa facer, que vaian pedir información aos servizos sociais municipais onde os atenderemos encantados e seguiremos traballando estreitamente coa Deputación, agora e no futuro”.

Xunto ao alcalde de Ribadeo e ao presidente da Deputación estiveron neste acto técnicos de ambas institucións.

0.089763879776001