O alcalde de Xove reclama á Deputacion o amaño de dúas estradas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O portavoz dos populares, Javier Castiñeira, anunciou que na sesión do pleno ordinario de maio defenderán unha moción para que a Deputación cumpra o protocolo establecido no pasado mandato con Concello de Xove para a mellora de varias estradas.
118824908_349233843124146_7796158777443803853_n
19 May 2020

O portavoz dos populares, Javier Castiñeira, anunciou que na sesión do pleno ordinario de maio defenderán unha moción para que a Deputación cumpra o protocolo establecido no pasado mandato con Concello de Xove para a mellora de varias estradas. A este respecto, declarou: “O delegado de Vías e Obras da Deputación non cumpriu ata agora coa súa obriga de desenvolver o protocolo firmado co alcalde de Xove polo anterior presidente, Darío Campos. É un incumprimento especialmente grave porque se dá a coincidencia de que o delegado de Vías e Obras e o actual presidente da Deputación son a mesma persoa”. Castiñeira recomenda a Tomé que “escoite aos seus compañeiros, aos alcaldes que traen á Deputación queixas polo estado de estradas provinciais; máis comunicación cos alcaldes como delegado de Vías e Obras, que é unha responsabilidade que vostede quixo asumir directamente”.

Na proposta que defenderá o PP figura instar ao goberno provincial a que cumpra co acordado no protocolo xeral de actuación asinado o 11 de xuño de 2018 entre a Deputación e o Concello de Xove e que, polo tanto, tramite a formalización coa maior celeridade posible, e en todo caso no prazo máximo de dous meses dende a aprobación deste acordo, dun convenio  de colaboración entre a Deputación e o Concello de Xove. O obxectivo é que, por un lado, a Deputación complete, no ano 2020, a  actuación relativa  á reparación da estrada LU - P 2601   Xove (LU-862) Portiño de Morás (LU-P-2602) e polo tanto proceda a levar a cabo a licitación, contratación e execución da obra correspondente á segunda fase xa que na actualidade tan só está licitada e empezada a obra correspondente á primeira fase”. Neste acordo, por outra parte, establécese que o organismo provincial levará a cabo na anualidade 2020 e no primeiro semestre da anualidade 2021 a licitación, contratación e execución da obra relativa á reparación da estrada provincial LU - P 2604 Xove (LU 862 – Monte – Valcarría (LU - P 6607), que une os concellos de Xove e Viveiro, concretamente  nos quilómetros que transcorren polo municipio de Xove, que están nun estado de deterioro tan alarmante que supón un risco elevado para a seguridade.

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, sinala: “Non podo entender como un acordo asinado por un presidente da Deputación, que beneficia tanto a esta institución como ao Concello de Xove, non se leva a cabo, incumprindo todos os prazos establecidos no protocolo. Nese acordo recoñécese que se trata de dúas das vías con máis tráfico da provincia e que están en moi mal estado. Unha delas une Xove co Concello de Viveiro e está amañada en parte, no tramo de Viveiro, pero o outro, o de Xove, está moi mal, en estado de abandono total. A outra estrada está tamén en moi mal estado. É inexplicable que non se desenvolvera ata agora o protocolo co necesario convenio entre as dúas partes; pedín falar con el en cinco ocasións, e non me atendeu. Esperemos que saía adiante esta moción”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15987181663513