O alcalde de Xove segue a traballar tratando de recuperar a "normalidade"

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O alcalde de Xove, Demetrio Salguiero, segue a traballar tratando de recuperar a normalidade no Concello.
6 May 2020

O alcalde de Xove, Demetrio Salguiero, segue a traballar tratando de recuperar a normalidade no Concello.

Así, están aproveitando este tempo de illamento dos veciños para facer un lavado xeral das beirrasrúas e do casco urbano para "adecentar o máis posible e poñer bonito o noso pobo".

Tamén están a facer varias obras en viais que se atopan en execución neste momento así como rematando as obras da nave de obras e as de ampliación da depuradora de Xove.

"Estamos traballando a un ritmo case normal, esperemos que nus días se poida incorporar todo o persoal municipal que traballa fora para poder comezar coas tareas de desbroce e acondicionar as diferentes pistas e estradas do Concello para telas listas para cando a xente comece a sair de forma normal", salienta o alcalde.

O resto de dependencias onde se traballa con público seguirán pechadas "de momento ata que saia algunha instrucción máis ao respecto", engade Salgueiro.

Ademais a Deputación esta a mellorar o firme da estrada provincial LU-P-2601 e acondicionar a vía que conecta o núcleo desta localidade mariñá co Portiño de Morás e xa comezou co movemento de terras.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14562010765076